Alternativa reivindica en Arteixo a importancia da creación dunha Área Metropolitana na Coruña

[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa reivindica en Arteixo a importancia da creación dunha Área Metropolitana na Coruña

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños celebrou un acto público no Campo da Festa de Arteixo para presentar o seu programa electoral no municipio. O partido da margarita preséntase neste municipio para impulsar un cambio político que mellore o benestar e a calidade de vida de todos os arteixáns.

Durante a súa intervención, o candidato Antonio Patiño destacou a importancia de dotar a Arteixo dun Plan Xeral. “O noso municipio ten un futuro moi grande, pero queremos que exista un crecemento ordenado e sustentable, que respecte o medio ambiente e que contemple a creación de zonas verdes e equipamentos públicos”, explicou.

Patiño lamentou tamén as políticas practicadas polo actual Goberno, que impiden a dinamización da vida cultural, social e deportiva. “Imos apostar polos máis novos, por crear unha Casa da Mocidade para fomentar a convivencia, as actividades xuvenís, a creación artística…”, dixo Patiño.

Pola súa parte, o presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, falou da importancia de conseguir representación en todos os municipios da comarca para lograr a unidade de todos os concellos para demandar de maneira conxunta ao Goberno de Madrid que realicen as infraestruturas públicas e o servizos necesarios. “O porto exterior de Arteixo non pode seguir sen conexión ferroviaria. Por iso temos que estar todos unidos neste tipo de cuestións, para que exista progreso e haxa un futuro digno”, comentou García Seoane.[/vc_column_text][vc_images_carousel images=”27871,27872,27874,27875,27876,27877,27878,27879,27880,27881,27882,27884″ img_size=”large” autoplay=”yes” hide_pagination_control=”yes” wrap=”yes”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS ARTEIXO[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!