ve

Alternativa dos Veciños redobrará esforzos nas políticas de benestar social do Concello de Oleiros

Alternativa dos Veciños vai seguir levando a cabo e ampliando políticas tales como o Servizo de Axuda no Fogar, Comida Sobre Rodas, Teleasistencia, atención á dependencia e ás persoas coidadoras, actividades de envellecemento activo (talleres de memoria, ioga, ximnasia, actividades interxeracionais en centros educativos…), actividades ocupacionais artísticas e artesanais, promoción do voluntariado, programas dirixidos ao desenvolvemento persoal e empoderamento das mulleres de Oleiros…

As políticas de Alternativa dos Veciños dirixidas aos nosos maiores teñen como fin último a súa calidade de vida e o seu benestar, de forma inclusiva e participativa, transformándoos en protagonistas das súas decisións e  outorgándolles a posibilidade de ter un envellecemento activo e dinámico na súa propia contorna. Para isto é necesaria unha ampla oferta de actividades baseadas nas relacións persoais, na continua aprendizaxe, na actividade física e no coñecemento do seu medio. Estas actividades son a base para acadar ese obxectivo de vida activa nunha etapa na que a idade non ten por que ser un obstáculo.

Tamén existen situacións concretas e individualizadas que motivan a necesidade dunha serie de servizos de atención persoal, flexible, de proximidade, en definitiva; unha atención que cubra todos os ámbitos para que os nosos maiores poidan vivir con dignidade.

Novas relacionadas