Alternativa dos Veciños quere propulsar o transporte público a través dun organismo metropolitano
Xa non é momento dun Consorcio do Transporte, Alternativa dos Veciños considera que é necesaria a creación dun organismo metropolitano que xestione o transporte público da cidade e da comarca, en coordinación coa Xunta pero con responsabilidades propias. A mobilidade urbana leva anos á sorte das disputas entre administracións e empresas. É necesaria unha coordinación metropolitana para facer eficaces novas frecuencias, novas tarifas e as novas concesións.
“A aposta pola peonalización e polos carrís específicos non é solución suficiente para resolver os graves problemas de tráfico. Tampouco unha decidida aposta polo ferrocarril de proximidade vai a achegar solucións inmediatas. No en tanto, para paliar a masiva afluencia de coches privados, resultan imprescindibles os aparcamentos disuasorios, as ampliacións dos accesos(Alfonso Molina, Ponte da Pasaxe) e as conexións das principais vías que rodean a cidade (Autopista, Autovía, Vía Ártabra, Terceira Ronda)” comentou o candidato Pedro Armas.