b3

Alternativa dos Veciños quere impulsar e dinamizar a vida cultural de Bergondo

Alternativa dos Veciños pretende dotar ao Concello de Bergondo dun transporte público digno. Ademais de crear novas liñas, é preciso incrementar frecuencias e horarios.

“Desde Alternativa dos Veciños apostamos pola creación dunha Área Metropolitana na Coruña para poder resolver asuntos coma este. A Xunta de Galicia ten que sacar a contratación novas concesións e é o momento de sumar forzas entre os municipios para conseguir un transporte público decente”, dixo o candidato Juan Fariña.

O próximo acto de campaña está programado para o sábado día 18, ás 20:00 horas en Bergondo, na pista deportiva cuberta xunto á Casa da Cultura.

Novas relacionadas