PATI

Alternativa dos Veciños quere mellorar a seguridade viaria con novos tramos de beirarrúas

Alternativa dos Veciños pretende mellorar a seguridade dos peóns e dos condutores mediante a construción de beirarrúas en todas as parroquias do municipio. É preciso dotar a todas as localidades de zonas seguras para o paseo e a mobilidade.

“O Goberno do Partido Popular leva oito anos sen preocuparse pola seguridade viaria como é debido. Hai moitas estradas en mal estado, camiños reais sen arranxar e sen recuperar, e un Concello como o de Arteixo non pode permitirse este tipo de situacións”, comentou o candidato Antonio Patiño.

Novas relacionadas