BERGONDO2

Alternativa dos Veciños quere impulsar e dinamizar a vida cultural de Bergondo

Alternativa dos Veciños pretende mellorar a vida cultural no Concello de Bergondo. Ademais de crear novas infraestruturas públicas é preciso mellorar as actuais e programar novas actividades.

“A promoción de obradoiros e actividades municipais, a creación dunha auténtica biblioteca municipal, o fomento de exposicións artísticas, charlas e coloquios, divulgar figuras senlleiras da cultura bergondesa, promocionar as presentacións de libros e documentais ou a dinamización do patrimonio cultural propio, xunto coa defensa do profesorado, da calidade do ensino público e da educación en igualdade son a pedra angular de Alternativa dos Veciños”, dixo o candidato Juan Fariña.

O próximo acto de campaña está programado para o venres día 17, ás 19:30 horas en Rois, na pista deportiva xunto á igrexa parroquial.

Novas relacionadas