avart

Alternativa quere crear máis parques infantís e zonas verdes en Arteixo

Alternativa dos Veciños vai loitar para a creación de novos parques infantís e zonas verdes no Concello de Arteixo. A candidatura que encabeza Antonio Patiño vai pelexar tamén para que se recuperen os camiños reais, que se eliminen os vertedoiros ilegais, que se mellore a limpeza viaria en todas as parroquias, que se conserven mellor os contornos dos ríos e que se finalice o actual paseo fluvial.

“Un dos órganos vitais do proxecto político de Alternativa dos Veciños é a defensa do patrimonio natural e do medio ambiente. Son os nosos pulmóns. Os parques, as zonas verdes, a liña costeira, os ríos, os montes…”, dixo o candidato Antonio Patiño.

Novas relacionadas