Alternativa dos Veciños realiza dúas propostas para o tranvía da Coruña
Alternativa dos Veciños propón dúas solucións opostas para o tranvía: rehabilitar o tranvía ou, se non resulta viable, desmontar esa infraestrutura para gañar espazo de paseo, reordenar a circulación nas rúas adxacentes e evitar molestias a transeúntes e condutores. Fronte á indecisión, a toma de decisión.
“O tranvía que percorría o Paseo Marítimo resultou un fracaso como embrión dunha alternativa de transporte con futuro. Aínda que se conserven ben os pintorescos vagóns, ten caído en desuso e presenta deficiencias nos raís e catenaria. Porén, segue a ser unha icona turística da cidade”, comentou o candidato Pedro Armas.