Alternativa dos Veciños propón melloras importantes para Guísamo

guisamo (1) (1)

Alternativa dos Veciños sacará a Guísamo do abandono manifesto ao que ten sometida a parroquia unha das súas máis “insignes” veciñas.

Alternativa loitará por levar a cabo diversas accións -todas negadas con saña e mesmo desprezo por parte da actual (e pronto ex) alcaldesa- como as seguintes:

1-      Posta en marcha do plan “Guísamo ten futuro”, que entre outros aspectos recolle;

o       Pedir a Fomento de xeito decidido a construcción dunha nova rotonda á altura do almacén de froita. O cal posibilitaría suprimir a illeta central da estrada e ampliar arcéns de xeito considerable, facilitanto así a existencia de moitas máis prazas de aparcamento.

o       Solucionar o grave problema coas augas pluviais e residuais na Brea.

o       Humanizar e converter en travesía a N6 ao seu paso polo centro de Guísamo.

o       Crear unha parada de taxis asimilable ao resto do mundo civilizado.

o       Faremos que Fomento reduza drásticamente os prazos construtivos da rotonda do cruce de Ferrol. Obras actualmente paradas (dende fai case dous meses)

2-      Creación dun centro de día para os nosos maiores, na antiga Casa Cortés.

3-      Conseguiremos a propiedade do edificio do Pazo de Baldomir para crear nel (xunto coa súa finca) un parque romántico inspirado no Parque Ibarrola de Montrove.

4-      Mediante convenio co Arcebispado de Santiago e sen desembolsar unha fortuna, como pretende a alcaldesa, farémonos co uso da antiga reitoral, restaurarémola e converterémola na biblioteca pública “José García Verdía”.

Novas relacionadas