Alternativa dos Veciños propón crear unha cidade deportiva en Bergondo

e1b216f2-c04c-45d5-99df-2c9a5a00afe1_16-9-aspect-ratio_default_0 (1) (1)

Pregamos á actual alcaldesa que deixe de enganar á poboación de Bergondo propagando esaxeración tras esaxeración acerca das presuntas cualidades do equipamento deportivo que se vai construir na Senra e cuxas obras darán comezo o vindeiro 26 de xuño.  O que alí se vai construir, e que contou e conta co noso apoio, non é en ningún caso o “Gran complexo deportivo” nin o “Complexo deportivo de primeiro nivel” que o PSOE está tentando vender a través dos seus panfletos electorais. O que se vai facer constituirá un magnífico complemento para o C.P.I Cruz do Sar, mais en ningún caso pode considerarse a zona deportiva que Bergondo necesita e demanda. Sirva como exemplo o feito de que a pista de atletismo que se instalará so mide 160 metros, cando unha homologada e homologable ten que ter alomenos 200.

Un goberno de Alternativa dos Veciños buscará e reservará (Vía PXOM) unha ampla zona nalgún lugar céntrico e ben comunicado do noso concello para a creación dunha auténtica e ampla zona deportiva municipal. Con instalacións e pistas para a práctica de diversos deportes, un campo de fútbol (do cal carecemos) e unha piscina municipal. Algunhas posibles zonas candidatas; Masa de terreo entre Santa Marta e Peteiro (próxima a Euroespes) ou A Longueira.

Novas relacionadas