arrrteixo

Alternativa dos Veciños promoverá a construción de vivendas protexidas en Arteixo

Alternativa dos Veciños pretende impulsar a construción de vivendas protexidas no Concello de Arteixo. Para elo é imprescindible a aprobación dun Plan Xeral de urbanismo que permita aplicar a lexislación en relación á creación de vivendas de prezo taxado.

As políticas urbanísticas de Alternativa dos Veciños permitiron que Oleiros, con máis de 900 vivendas protexidas, sexa o primeiro concello de Galicia neste ámbito. “Queremos un Plan para que haxa orde. Que a xente saiba o que compra e o que vende, que se poidan crear espazos verdes e parques, que se constrúan vivendas de protección. Arteixo non pode seguir medrando de maneira caótica”, dixo o candidato Antonio Patiño.

Novas relacionadas