BERGONDO1

Alternativa dos Veciños pretende mellorar a oferta deportiva de Bergondo

Alternativa dos Veciños quere ampliar a oferta deportiva de Bergondo e, entre outras cousas, vai loitar para crear unha zona deportiva cun campo de fútbol e cunha piscina pública. O deporte é un piar básico para poder mellorar o benestar da veciñanza.

“Desde Alternativa dos Veciños cremos tamén nas entidades deportivas como axentes sociais fundamentais na vida dun concello. Propoñemos a dinamización das actividades deportivas e a creación de competicións, cursos e actividades de ámbito municipal de todo tipo de modalidades”, dixo o candidato Juan Fariña.

O próximo acto de campaña está programado para o venres día 17, ás 19:30 horas en Rois, na pista deportiva xunto á igrexa parroquial.

Novas relacionadas