Alternativa pretende incrementar a participación veciñal no Concello de Arteixo mediante asembleas
Alternativa dos Veciños pretende que o Concello de Arteixo organice de maneira periódica asembleas informativas en todas as localidades do municipio para dar conta sobre aqueles asuntos que afecten aos veciños. Desta maneira conséguese a participación dos cidadáns na vida municipal ao tempo que se informa de primeira man das accións do Goberno local.
“Queremos estar en contacto permanente cos veciños e veciñas de Arteixo. É moi importante escoitar á xente, para identificar os problemas. E tamén é imprescindible dar conta do que fai o Goberno municipal, sen intermediarios, dunha maneira próxima”, explicou o candidato Antonio Patiño.