Alternativa dos Veciños quere impulsar actividades de envellecemento activo en Arteixo
As políticas de Alternativa dos Veciños dirixidas ás persoas maiores teñen como fin último a súa calidade de vida e o seu benestar, de forma inclusiva e participativa, transformándoos en protagonistas das súas decisións e outorgándolles a posibilidade de ter un envellecemento activo e dinámico na súa propia contorna.
“É necesaria realizar unha ampla oferta de actividades baseadas nas relacións persoais, na continua aprendizaxe, na actividade física e no coñecemento do seu medio. Estas actividades son a base para acadar ese obxectivo de vida activa nunha etapa na que a idade non ten por que ser un obstáculo”, comentou o candidato Antonio Patiño.