Alternativa dos Veciños pretende crear a Casa da Mocidade de Arteixo
Alternativa dos Veciños pretende impulsar as políticas relacionadas coa mocidade no Concello de Arteixo e, entre outros proxectos, aspira a crear a Casa da Mocidade. Arteixo precisa dun centro público, dirixido ás persoas novas do municipio, no que poidan convivir e expresar a súa creatividade artística.
“Os mozos e mozas de Arteixo precisan dun lugar no que reunirse, no que facer vida. Queremos darlle á nosa mocidade un centro para que poidan facer actividades, conversar,… Desde as administracións hai que combater o illamento social con este tipo de políticas”, comentou o candidato Antonio Patiño.