Alternativa dos Veciños presentarase ás eleccións en Fisterra con Áurea Domínguez como candidata

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Áurea Domínguez Sisto, licenciada en dereito, veciña da parroquia de Sardiñeiro onde leva máis de 20 anos exercendo como asesora fiscal, laboral e contable

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños presentarase ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio no Concello de Fisterra. A lista estará encabezada por Áurea Domínguez Sisto, licenciada en dereito, veciña da parroquia de Sardiñeiro onde leva máis de 20 anos exercendo como asesora fiscal, laboral e contable. Ademais, é unha persoa fortemente comprometida coas entidades veciñais do municipio.

Un grupo de veciños e veciñas do municipio da fin da terra, coñecedores da boa labor e das políticas desenvolvidas por Alternativa nos diferentes concellos da comarca da Coruña,  puxéronse en contacto coa dirección do partido para estudar a posibilidade de presentar unha candidatura nas próximas eleccións municipais. Logo de traballar intensamente durante os últimos meses, conseguiuse construír un proxecto formado por un grupo de persoas honradas, humildes e traballadoras, que permitiron facer realidade a candidatura.

Alternativa construirá en Fisterra un proxecto onde terán cabida todos os fisterráns e fisterrás que teñan ganas e ilusión de cambiar e mellorar Fisterra; cunha candidata á alcaldía que é unha persoa moi preparada, construtiva e humilde, que ademais conta cun gran coñecemento das diferentes administracións.

O municipio de Fisterra atópase nunha situación moi complexa, de colapso político, con décadas perdidas de crecemento e desenvolvemento. É por iso que o Concello de necesita urxentemente un cambio de rumbo, para poder reverter as decisións erróneas e as malas políticas que se veñen facendo que lastran as oportunidades futuras de Fisterra.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!