[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños presenta a lista electoral de Carral para as eleccións municipais
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños presentou ante a Casa do Concello a lista electoral que se presentará ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio en Carral. A candidatura, que encabeza o funcionario municipal Javier Gestal, está formada por un grupo de mulleres e homes de diversas parroquias, vencellados ao movemento social, cultural e deportivo do municipio, que pretenden acabar coas políticas caciquís que practica o Partido Popular e que impiden o progreso de Carral.
A lista será a seguinte:
1. Francisco Javier Gestal Pose – Paleo
2. Susana Guimarey García – Paleo
3. Francisco Javier Bello Hermida – Tabeaio
4. Mercedes Caridad López – Cañás
5. Rubén Caamaño Rodríguez – Sumio
6. Inmaculada Martiñán Insua – Paleo
7. Carlos Eirís Patiño – Paleo
8. Iria Gestal Castelo – Quembre
9. Fernando Brandariz Fachal – Sergude
10. Mª Carmen Martínez Fragoso – Paleo
11. Natalia Patiño Cañás – Cañás
12. Julio José Dosil Mariñas – Paleo
13. Iria Taibo Casás – Paleo
SUPLENTES: Isabel Cañás Regueiro – Paleo, José Manuel Botana García – Paleo e Carla Seoane López –San Vicente de Vigo.
Unha das prioridades para Alternativa dos Veciños en Carral é a aprobación do Plan Xeral, para que exista un crecemento sostible e ordeado e para garantir a seguridade xurídica dos veciños e veciñas. Alternativa tamén vai loitar para conseguir novas infraestruturas, equipamentos e zonas verdes para mellorar a convivencia, o lecer, a cultura, o ensino, o deporte e a atención ás persoas maiores.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]