[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños presenta candidatura e programa electoral en Dorneda
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Máis de 300 persoas participaron na cea fría que organizou Alternativa dos Veciños na localidade de Dorneda. O acto serviu para presentar a candidatura que se presentará ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio e para que o actual alcalde de Oleiros e candidato á alcaldía, Ángel García Seoane, informara sobre os proxectos que ten previsto desenvolver Alternativa se volve recibir a confianza da maioría do pobo de Oleiros.
García Seoane informou sobre importantes proxectos que se están a desenvolver no municipio. É o caso das obras de urbanización en Xaz que reportarán importantes beneficios para os veciños e veciñas e Oleiros: zonas verdes e parques, dous depósitos de auga, unha depuradora, novas estradas e vial de conexión coa vía Ártabra desde Franzomel, 94 vivendas de protección, solo público para vender e financiar a realización de novas obras e servizos por parte do Concello… “Todos os nenos e nenas de Oleiros van aprender a xogar ao golf porque imos crear unha Escola Municipal para que se poidan iniciar neste deporte. O Concello asinou un convenio que lle outorga o uso en exclusividade de determinadas zonas do campo de golf durante as mañás”, dixo o presidente de Alternativa dos Veciños.
Outros dos grandes retos de Alternativa dos Veciños para a próxima lexislatura é conseguir que se aborde a mellora do transporte público e as diversas obras de infraestruturas viarias precisas para rematar cos problema de mobilidade, que afectan a Oleiros e a todos os demais concellos da comarca. “Queremos ter representación en todos os municipios para impulsar a creación da Área Metropolitana da Coruña. Para que? Para acabar cos partidismos e impoñer condicións a quen goberne, para que exista unidade entre os alcaldes para demandar aquelas infraestruturas que dependen doutras administracións superiores e que se lle negan a esta comarca desde hai moitísimos anos: ampliación da ponte Pasaxe, Alfonso Molina, Vial 18, tren ao porto exterior….”, comentou Ángel García Seoane.
Sobre o acceso a internet, Ángel García Seoane informou que a Xunta de Galicia concedeu unha subvención a unha compañía de telecomunicacións para instalar a rede de banda larga en distintas zonas de Oleiros. As zonas de Aguieira, Augarrío, O Couto, Lourido e Arillo van contar con acceso ultrarrápido antes do mes de novembro. O alcalde seguirá a presionar á administración autonómica para que este servizo chegue a todo o territorio municipal, dada a importancia que ten para a actividade profesional e doméstica de numerosos veciños.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]