Alternativa presenta a súa candidatura aos veciños e veciñas da localidade de Oleiros

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa presenta a súa candidatura aos veciños e veciñas da localidade de Oleiros

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][gem_youtube video_id=”SyxeySUFOPg”][vc_column_text]Máis de 200 persoas participaron na cea fría que organizou Alternativa dos Veciños na localidade de Oleiros. O acto serviu para presentar a candidatura que se presentará ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio e para que o actual alcalde de Oleiros e candidato á alcaldía, Ángel García Seoane, informara sobre algúns dos proxectos que ten previsto desenvolver Alternativa se volve recibir a confianza da maioría do pobo de Oleiros.

Ademais de abordar cuestións xerais da comarca e do municipio, García Seoane anunciou o inminente inicio das obras de urbanización no centro de Oleiros, que comezarán a vindeira semana e que permitirán ampliar a praza da Rabadeira, o parque que rodea a Casa do Concello e abrir un novo vial que conectará a rúa Obelisco coa praza de Galicia. Tamén informou que está previsto o desenvolvemento dunha nova urbanización na Pezoca, entre a Piscina municipal e a rotonda das olas, que permitirá a creación de novos espazos públicos e zonas verdes.

Outra das obras que van comezar na localidade de Oleiros nos vindeiros días serán as beirarrúas da Ferrala, na avenida de Venezuela. Esta obra é froito do traballo de Alternativa dos Veciños na Deputación e no Concello, xa que o Goberno municipal conseguiu previamente de maneira gratuíta o solo necesario tras chegar a acordo cos propietarios e despois logrou que a Deputación financiara a obra, por tratarse dunha vía de titularidade provincial. Así mesmo, tamén van abordarse proximamente a reurbanización da rúa Miraflores e a mellora das beirarrúas da urbanización O Bosque.

Ángel García Seoane tamén destacou que durante a presente lexislatura se realizaron importantes actuacións na parroquia de Oleiros como a renovación dos colectores xerais de abastecemento de auga. Alternativa dos Veciños vai continuar renovando as redes de abastecemento de auga e tamén vai renovar a rede de auga desde As Pedreiras ata o centro de Oleiros.

Outra das actuacións que se van realizar proximamente é a ampliación da depuradora de Xubín, que se vai costear con cargo á urbanización de Xaz. As augas depuradas desta estación servirán para regar o futuro campo de golf. Ademais, vaise renovar o bombeo das Pedras.

Outra das actuacións que ten previsto acometer Alternativa dos Veciños na vindeira lexislatura é a remodelación do pavillón da Rabadeira. O proxecto contempla a creación dun ximnasio baixo a grada e a construción de vestiarios nun dos fondos, para cumprir cos requisitos de moitas federacións deportivas para poder optar á organización de competicións de ámbito internacional. Igualmente vai construírse unha pista de patinaxe de velocidade e ciclismo que usará o club de patinaxe Rabadeira e que estará situada en Bastiagueiro, nos terreos que Alternativa dos Veciños conseguiu que a Deputación entregara gratuitamente ao Concello.

A mellora das comunicacións e da mobilidade, o planeamento existente en Oleiros e a mellora da situación económica, está a provocar un importante crecemento en todo o municipio e a apertura de numerosos establecementos comerciais e empresas. No caso concreto de Oleiros o alcalde anunciou que un importante supermercado ten previsto abrir nas Pedreiras, na explanada que hai entre a avenida Francisca Herrera e a urbanización Os Regos.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!