[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños presenta candidatura e programa en Mera
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][gem_youtube video_id=”c1lZUQ9OP0s”][vc_column_text]Máis de 300 persoas participaron na cea fría que organizou Alternativa dos Veciños na localidade de Mera. O acto serviu para presentar a candidatura que se presentará ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio e para que o actual alcalde de Oleiros e candidato á alcaldía, Ángel García Seoane, informara sobre os proxectos que ten previsto desenvolver Alternativa se volve recibir a confianza da maioría do pobo de Oleiros.
García Seoane comezou falando das eleccións xerais que se celebraron o pasado domingo. “Agora o que teñen que facer é gobernar o país e deixarse de Cataluña. Toca avanzar, traballar para arranxar os problemas que temos e lograr que as cousas funcionen mellor. Iso é o que demandan os cidadáns para poder vivir máis felices.”, dixo.
A nivel local, García Seoane informou sobre importantes proxectos que se están a desenvolver no norte do municipio. É o caso das obras de ampliación da estrada da Besta, que conecta o centro de Mera coa vía Ártabra; ou do desenvolvemento dunha nova urbanización entre as rúas Lamalonga e Pinar do Río, na que se construirán 19 vivendas protexidas que se venderán aos prezos taxados pola Xunta de Galicia, tendo preferencia para a súa adquisición os veciños e veciñas de Oleiros.
O presidente de Alternativa dos Veciños explicou que a conexión da vía Ártabra coa AP-9 se atopa en fase de contratación e que a construción da primeira fase do campo de fútbol municipal de Mera comezará este mesmo ano. Alternativa tamén vai crear un aparcadoiro público nun dos accesos ao Monumento Natural, na zona de Canabal. Igualmente, van abordarse novos tramos de beirarrúas no Regacho e en dúas zonas da rúa Doutor Fleming.
Outros dos grandes retos de Alternativa dos Veciños para a próxima lexislatura é conseguir que a Xunta de Galicia mellore, dunha vez por todas, o transporte público en toda a zona norte do municipio. “As concesións das actuais liñas van saír novamente a contratación nos próximos meses e nós estamos demandando continuamente, nas reunións ás que nos está chamando a Xunta, que as liñas que van ao norte do municipio teñan unhas frecuencias e uns horarios dignos. Os veciños de Dexo, Serantes e Maianca non poden ter un bus á Coruña cada 2 horas”, dixo.
Sobre o acceso a internet, Ángel García Seoane informou que a Xunta de Galicia concedeu unha subvención a unha compañía de telecomunicacións para instalar a rede de banda larga en distintas zonas de Oleiros. Diversas partes de Maianca, Xoez e Punxeiro van contar con acceso ultrarrápido antes do mes de novembro. O alcalde seguirá a presionar á administración autonómica para que este servizo chegue a todo o territorio municipal, dada a importancia que ten para a actividade profesional e doméstica de numerosos veciños.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]