Alternativa dos Veciños presenta candidatura e programa en Dexo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños presenta candidatura e programa en Dexo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Máis de 150 persoas participaron na cea fría que organizou Alternativa dos Veciños na localidade de Dexo. O acto serviu para presentar a candidatura que se presentará ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio e para que o actual alcalde de Oleiros e candidato á alcaldía, Ángel García Seoane, informara sobre os proxectos que ten previsto desenvolver Alternativa se volve recibir a confianza da maioría do pobo de Oleiros.

García Seoane comezou a súa intervención falando das eleccións xerais que se celebran o domingo. “Os intereses persoais provocan unha degradación moi importante da política, que causa unha forte división do voto e que podería facer España ingobernable”, dixo.

A situación tamén é extensible á comarca da Coruña, por iso Alternativa dos Veciños vai presentar candidaturas para as eleccións municipais na Coruña, Bergondo, Arteixo, Cambre, Carral, Culleredo, Sada e Oleiros. “É necesario levantar as alfombras e airear os concellos. Queremos acabar coas políticas que impiden o progreso e que permiten a especulación e o caos urbanístico. É necesario dotar á comarca de infraestruturas como a vía Ártabra, o tren ao porto exterior, o Vial 18, a ampliación de Alfonso Molina e da Ponte da Pasaxe, o túnel de Sol y Mar…”, dixo García Seoane.

Alternativa dos Veciños, un partido con 40 anos de historia, conseguiu desenvolver en Oleiros un proxecto político serio que hoxe ofrece un benestar moi grande aos seus veciños e veciñas. “Vivir en Oleiros é sinónimo de benestar, de calidade de vida, de cultura…”.

Entre os principais retos de Alternativa para a vindeira lexislatura está conseguir que a Xunta de Galicia mellore, dunha vez por todas, o transporte público en toda a zona norte do municipio. “As concesións das actuais liñas teñen que saír novamente a contratación nos próximos meses e nós estamos demandando continuamente, nas reunións ás que nos está chamando a Xunta, que as liñas que van ao norte do municipio teñan unhas frecuencias e uns horarios dignos. Os veciños de Dexo, Serantes e Maianca non poden ter un bus á Coruña cada 2 horas”, dixo.

Así mesmo anunciou importantes investimentos a nivel local, entre os que destacan o novo campo de fútbol ou as beirarrúas desde a Casa do pobo de Lorbé ata o linde con Sada. Igualmente destacou a obra de conexión da vía Ártabra coa AP-9, que ten un custo de 40 millóns de euros, que xa se atopa en proceso de licitación e que debería comezar despois do verán.

Sobre o servizo de acceso a internet, Ángel García Seoane informou que a Xunta de Galicia concedeu unha subvención a unha compañía de telecomunicacións para instalar a rede de banda larga en distintas zonas de Oleiros. Dexo, igual que outros lugares de Oleiros, non vai notar practicamente esta actuación, polo que o alcalde seguirá a presionar á administración autonómica para que este servizo chegue a todo o territorio municipal, dada a importancia que ten para a actividade profesional e doméstica de numerosos veciños.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!