[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños presenta candidatura e programa electoral en Santa Cruz
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Preto de 400 persoas participaron na cea fría que organizou Alternativa dos Veciños na localidade de Santa Cruz. O acto serviu para presentar a candidatura que se presentará ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio e para que o actual alcalde de Oleiros e candidato á alcaldía, Ángel García Seoane, informara sobre os proxectos que ten previsto desenvolver Alternativa se volve recibir a confianza da maioría do pobo de Oleiros.[/vc_column_text][gem_youtube video_id=”yBcYWFcBO38″][vc_column_text]García Seoane informou sobre importantes proxectos que se están a desenvolver no municipio. É o caso das obras de creación do Parque de Bastiagueiro Pequeno que permitirá que toda a franxa costeira existente entre Santa Cruz e Bastiagueiro sexa pública para o uso e disfrute de todos os cidadáns.
Alternativa dos Veciños preséntase ás eleccións con importantes retos por diante. Entre outros, García Seoane falou dos proxectos previstos para os 107.000 metros que eran propiedade da Deputación en Bastiagueiro e que foron entregados gratuitamente ao Concello. Nese ámbito, Alternativa pretende crear unha pista de patinaxe e ciclismo así como un gran recinto multiusos para albergar espectáculos culturais e deportivos.
Outros dos obxectivos para os vindeiros 4 anos é conseguir que se aborde a mellora das infraestruturas viarias precisas para rematar cos problema de mobilidade, que afectan a Oleiros e a todos os demais concellos da comarca. “Imos estar presentes en todos os concellos da comarca. Para que? Para que todos os alcaldes remen na mesma dirección cando haxa que reclamar cuestións de interese xeral como a ampliación da ponte Pasaxe, Alfonso Molina, a vía Ártabra, o Vial 18, o tren ao porto exterior….”, dixo Ángel García Seoane.[/vc_column_text][vc_images_carousel images=”27801,27800,27799,27798,27797,27796,27795,27794,27793,27792,27791,27790,27789,27788,27787,27786,27785,27784,27783″ img_size=”large” onclick=”link_no” autoplay=”yes” hide_pagination_control=”yes” wrap=”yes”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]