[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños presenta candidatos e programa electoral en Iñás
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Máis de 120 persoas participaron na cea fría que organizou Alternativa dos Veciños na localidade de Iñás. O acto serviu para presentar a candidatura que se presentará ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio e para que o actual alcalde de Oleiros e candidato á alcaldía, Ángel García Seoane, informara sobre algúns dos proxectos que ten previsto desenvolver Alternativa se volve recibir a confianza da maioría do pobo de Oleiros.
Entre outros asuntos, García Seoane destacou a importancia de que a obra de conexión da vía Ártabra coa AP-9 comece nos vindeiros meses. Unha actuación que ten un custo de 40 millóns de euros, que xa se atopa en proceso de licitación, e que será moi positiva tanto para Iñás como para toda a comarca. “A vía Ártabra vai supoñer unha mellora moi importante para a mobilidade de toda a comarca. Vaise aliviar moitísimo o tráfico da N-VI, ademais de dar un gran servizo aos concellos de Sada, Oleiros e Cambre… Por desgraza para os cidadáns, hai quen aínda segue negándose ao progreso, a estas actuacións tan beneficiosas para milleiros de persoas. Por iso nos presentamos en todos os concellos da comarca, para ter presenza nas corporacións e poñer condicións. Cando os intereses partidistas ou persoais impidan levar adiante actuacións de interese xeral aí estará Alternativa dos Veciños para lograr que os concellos non obstaculicen a realización deste tipo de obras”, comentou.
A mellora das comunicacións e da mobilidade, o planeamento existente en Oleiros e a mellora da situación económica, permitirá que o polígono de Iñás continúe co proceso de crecemento que ven experimentando. “O polígono cada vez ten máis movemento, vai haber seis novos comercios nos próximos meses”, dixo o alcalde e candidato á alcaldía. García Seoane tamén falou sobre a posta en marcha do centro de traballo compartido do Pazo de Arenaza, unha propiedade municipal que o Concello puxo a disposición da Deputación para fomentar o emprego e o emprendemento, especialmente das persoas novas.
Alternativa dos Veciños tamén vai seguir avanzando no proxecto de creación do paseo fluvial de 3 km que conectará Iñás co Seixal. O Concello de Oleiros xa contratou un equipo técnico para deseñar o trazado, as súas características e os diferentes espazos que se crearán ao longo de todo o río. Unha grande parte dos terreos para a realización deste paseo xa son de propiedade municipal na actualidade, 56.000 metros en Iñás e 36.000 en Nós. Faltan pequenos tramos de propiedade privada polos que se establecerán negociacións cos seus propietarios.
Outro dos proxectos que está previsto realizar en Iñas é o da rotonda da Chasqueira, que demandou Alternativa dos Veciños na Deputación e que financiará o organismo provincial por tratarse dunha estrada da súa titularidade. O inicio desta obra está á espera das autorizacións por parte da Xunta de Galicia.
Ángel García Seoane tamén destacou que durante a presente lexislatura se realizaron importantes actuacións na parroquia como a renovación dos colectores xerais de abastecemento de auga ou a construción dun novo campo de fútbol de herba artificial, totalmente equipado na actualidade con gradas, vestiarios novos e accesos.
Sobre o servizo de acceso a internet, Ángel García Seoane informou que a Xunta de Galicia concedeu unha subvención a unha compañía de telecomunicacións para instalar a rede de banda larga en distintas zonas de Oleiros, entre elas Fontes, Campo da Vila e A Xesta O alcalde explicou que o Concello de Oleiros está a presionar á administración autonómica para que a compañía que vai realizar a instalación non se demore, dada a importancia deste servizo para a actividade profesional e doméstica de numerosos veciños.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]