Alternativa presenta ás persoas que forman a candidatura de Arteixo ante os veciños e as veciñas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa presenta ás persoas que forman a candidatura de Arteixo ante os veciños e as veciñas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños presentou ás persoas que forman a candidatura para as eleccións municipais ante máis de 100 veciños e veciñas de Arteixo. Encabezados por Antonio Patiño, o obxectivo é acadar representación para impoñer un cambio nas políticas erróneas practicadas polo Partido Popular.

Durante a súa intervención, Patiño destacou a importancia de contar cun Plan Xeral de urbanismo para poñerlle fin ao crecemento caótico do municipio. Tamén falou da necesidade de crear zonas verdes ou de dotar de novos servizos públicos a todas as zonas de Arteixo.

O presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, resaltou a importancia de conseguir representación en todos os municipios da comarca para lograr a unidade de todos os concellos para demandar de maneira conxunta ao Goberno de Madrid que realicen as infraestruturas públicas e o servizos necesarios para que exista progreso e haxa un futuro digno. Entre outras necesidades, referiuse á conexión ferroviaria co porto exterior, que incomprensiblemente aínda segue sen abordarse.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!