Alternativa dos Veciños presenta a lista de Sada para as municipais

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños presenta a lista electoral de Sada para as eleccións municipais

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños presentou ás persoas que forman a lista electoral coa que se concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio en Sada. A candidatura, que encabeza María Nogareda, está formada por un grupo de mulleres e homes preocupados polo seu municipio e a sociedade en xeral, nun momento político complexo, que pretenden traballar para mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza.
A lista será a seguinte:
1. María Nogareda Marzoa – Directora IES de Fene
2. Breogán Blanco González – Licenciado en INEF
3. Agustín Alberto López López – Creativo e publicista
4. Xisela Díaz García – Profesional do ámbito da asesoría xurídica
5. Francisco José Vecino Pereiro – Xestor de operacións no sector bancario
6. Roberto Carreira Abeal – Traballador de loxística e transporte
7. Cristina Eiroa Núñez – Graduada en educación primaria e membro da Banda Municipal de Sada)
8. Patricia Brandariz Sánchez – Emprendedora
9. Paris Joel Ares Doval- Licenciado en historia e técnico de son
10. Marcos Álvarez Maceiras – Carniceiro
11. Antonia García Alonso – Traballadora do sector da limpeza
12. Carlos Darío Fernández Socastro – Redeiro e amante da danza
13. Gumersindo Varela Alvariño – Traballador do sector de transporte
14. María del Carmen Blanco González – Técnica Superior de artes plásticas e deseño
15. José Antonio Seijo Doldán – Autónomo xubilado
16. María Luisa López Castellanos – Activista defensora do medio ambiente, o benestar animal e as persoas en situación de vulnerabilidade
17. Xaquín Miguel Prieto Díaz – Delegado da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí
Suplente: María de los Milagros Vázquez Iglesias
Alternativa dos Veciños preséntase en Sada para rematar definitivamente cos problemas que se veñen arrastrando de épocas pasadas e impulsar este concello. “É necesario dinamizar a vida social, cultural e deportiva; crear zonas verdes e de ocio… Imos traballar arreo e queremos construír. A política ten que estar ao servizo dos cidadáns ”, comentou a candidata.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!