Alternativa dos Veciños presenta a lista de Cambre para as municipais

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños presenta a lista electoral de Cambre para as eleccións municipais

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños presentou ás persoas que forman a lista electoral coa que se concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio en Cambre. A candidatura, que encabeza Raúl Varela, está formada por un grupo de mulleres e homes de diversas parroquias que representan unha ampla variedade de sectores sociais, e que pretenden loitar por mellorar a calidade de vida da veciñanza.

A lista será a seguinte:

1. Raúl Varela Fraguío – Asesor, licenciado en ADE.
2. Sandra Sánchez Vieites – Monitora de tempo libre.
3. Pablo Doval Rodríguez – Topógrafo.
4. Marcos Bugallo Souto – Licenciado en ADE.
5. Giannina Cameselle Rodríguez – Veterinaria.
6. Sara Docampo Cebada – Licenciada en Documentación.
7. Manuel Castro Uzal – Técnico de Catastro.
8. Daniel Domínguez Varela – Comercial do sector hortofrutícola.
9. María Teresa Peña Tuñón – Técnica en prevención de riscos laborais.
10. Verónica Martínez Golpe – Técnica de farmacia.
11. Lara María Mejuto Torreiro –Médica.
12. Gustavo Carro Pan – Delineante.
13. María Elena Martínez Arijón – Técnica superior en administración e finanzas.
14. Alejandro Fernández Cuíña – Operario en destilería.
15. Enrique García Sueiras – Mozo de almacén.
16. María Elena Pintor Núñez – Modista.
17. Estela María López Varela – Mestra.
18. Enrique Pérez Martínez – Taxista.
19. Javier Lojo Piñeiro – Diplomado en Filoloxía Inglesa.
20. Sergio Arufe Fernández – Electricista.
21. Mario Vallo López – Graduado en Ciencias Empresariais.

SUPLENTES: Nelly Elisa Moya Murillo e Óscar Roca Roca.

Alternativa dos Veciños preséntase en Cambre para poñer en valor ó municipio e acadar un maior benestar. É imprescindible escoitar á veciñanza para poder responder ás necesidades reais e impulsar iniciativas adaptadas ás persoas.

“Imos loitar por habilitar espazos para as persoas. Queremos humanizar con parques públicos e zonas verdes, non con cemento. Tamén queremos garantir os servizos básicos, como por exemplo o de abastecemento de auga, que se atopa actualmente nunha situación moi precaria”, comentou o candidato á alcaldía Raúl Varela.

En materia de infraestruturas debemos lograr solucións que melloren a mobilidade da cidadanía e que incrementen as posibilidades de Cambre, como por exemplo a vía Ártabra, que na súa seguinte fase chegará ata a A-6 e vertebrará as comunicacións por estrada de todo o concello. Tamén é unha prioridade para Cambre contar cun Plan Xeral de Ordenación Municipal para acadar un desenvolvemento urbano sostible e amable co medio ambiente.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!