Alternativa dos Veciños presenta a lista da Coruña para as municipais

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños presenta a lista da Coruña para as municipais

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños presentou ás persoas que forman a lista electoral coa que se concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio na Coruña. A candidatura, que encabeza Pedro Armas, está formada por un grupo de veciños e veciñas de todos os barrios da cidade que contan con perfís profesionais de ámbitos fundamentais da xestión urbana como a mobilidade, o transporte, a educación, o deporte…

A lista será a seguinte:

1. Pedro Armas – Profesor de universidade.
2. Gema Neira – Empresaria-mobilidade urbana.
3. Marta Dosil – Directora de recursos humanos.
4. Emilio Pigueiras – Director de academia.
5. Sergio Francisco – Enxeñeiro enerxía-automóbil ecolóxico.
6. Marisa Ron – Profesora de instituto xubilada.
7. Ana Astray – Encargada de supermercado.
8. Jose Portela – Ex xogador do Deportivo.
9. Fátima Elías – Bibliotecaria municipal.
10. Alberto Vázquez – Adestrador de baloncesto.
11. Carlos Suárez – Mariñeiro.
12. Maca Iglesias – Directora de clínica.
13. Manuel Martínez – Condutor de autobús.
14. Manu Tato – Director comercial-cronista deportivo.
15. Sara Varela – Comercial.
16. David Calvo – Odontólogo.
17. María Vázquez – Comercial.
18. Loli Gutiérrez – Administrativa.
19. Andrés Auro – Enxeñeiro técnico.
20. Aby Calvo – Emprendedora téxtil.
21. Miguel Lage – Ebanista.
22. José Luis Vizcaíno- Funcionario.
23. Estefanía Blanco – Esteticista.
24. Gisela Lage – Operaria de fábrica.
25. Pablo Rodríguez – Enxeñeiro técnico construción.
26. Lina López – Empregada de supermercado.
27. Juan Blanco – Ex Presidente dos Empresarios de A Grela.
SUPLENTES: Víctor Fraga, Lydia Iglesias e Antonio Abellón.

No ámbito da educación destaca a presenza do candidato Pedro Armas, profesor da UDC e director da Comisión Interuniversitaria de Galicia, encargada da selectividade e o acceso á universidade. Armas tamén foi Delegado Provincial de Educación. Acompañan ao cabeza de lista outros docentes como Emilio Pigueiras (nº 4), director dunha academia no Ventorrillo, ou Marisa Ron (nº 6), profesora de secundaria e ex directora de instituto.

Na mobilidade destacan Gema Neira (nº 2), empresaria experta en mobiliario urbano e infraestruturas para o transporte (electrolineiras), e Sergio Francisco (nº 5), enxeñeiro Presidente da Asociación Española do Automóbil Ecolóxico.

Na cultura e no deporte a candidatura de Alternativa conta con Fátima Elías (nº9), bibliotecaria municipal; Jose Portela (nº 8), central do Deportivo na época de Arsenio; Alberto Vázquez (nº 10), adestrador nacional de baloncesto, xogador en distintos clubs profesionais e actualmente ensina ese deporte en centros educativos da cidade.

Na área de emprego, xunto a Marta Dosil (nº 3), directora de recursos humanos, aparecen profesionais de varios sectores (enxeñeiros, comerciais, empregadas de supermercado, odontólogo, ebanista…).

Pecha a lista Juan Blanco, ex Presidente dos Empresarios da Grela.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!