[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños preocupada pola nova ameaza contra a fachada marítima da Coruña nas Percebeiras
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Agra das Percebeiras, en pleno Paseo Marítimo, levamos décadas de fitos, feitos e desfeitas, nos que se mesturan proxectos, cifras, nomes e siglas. Ata o monumento que ten en fronte, O Milenium, naceu como fito e acabou sendo desfeita.
No 2002 Paco Vázquez soñara con transformar a parcela nun pequeno Manhattan, máis aquel proxecto, no que destacaban dous rañaceos de 47 e 35 plantas, foi descartado axiña. No 2013 o PP limitou as alturas a oito plantas no Plan Xeral, pero aumentou a edificabilidade do polígono nun 20%; había que rebaixar para aumentar. Importantes bancos e promotoras que estaban detrás do proxecto foron cambiando de nomes, pero conservando os intereses.
Cando no marco do Plan Especial de Labañou o polígono M-18 quedou nas mans de Gallego Jorreto, arquitecto de recoñecido prestixio, este deseñou tres torres de 16 plantas e outras tres de 9-13 plantas, escalonadas pola pendente e distribuídas de xeito que tapaban o menos posible as vistas á baía. No 2017 o proxecto foi rexeitado pola Marea, argumentando que non se xustificaba a excepcionalidade das alturas, aínda que o ordenamento fose ambiguo e contraditorio, pois, á par que limitaba alturas, permitía máis edificabilidade e demandaba máis zonas verdes.
No 2020 o PSOE aproba e remite á Xunta, para avaliación de impacto ambiental, un proxecto que contempla 12 bloques de oito plantas, que provocaría un efecto cortina ou pantalla entre Labañou e Riazor maior que o do proxecto de Jorreto. Para agochar intereses especulativos, apórtanse datos sobre: porcentaxe de vivenda de protección oficial, como se fora un polígono doado para a mesma; reserva de 30.000 metros cadrados de zonas verdes e equipamentos, mesturando espazos de titularidade pública e privada; construción de prazas de aparcamento, a meirande parte soterradas e sen xestión definida; dotación comercial dun barrio desatendido…
O proxecto deberá volver ao pleno municipal, onde contará coa oposición da Marea e do BNG, que xa están a mover os fíos da demagoxia, pedindo que sexan os veciños de Labañou os que decidan; mentres o PP cala, esperando acontecementos. Claro que hai que escoitar aos veciños, pero a planificación urbana é responsabilidade de quen goberna. Claro que se pode modificar o PXOM, pero, se se fan propostas utópicas, haberá que explicar as indemnizacións millonarias que derivarían das mesmas. Tan importante como o debate sobre alturas é o debate sobre a calidade arquitectónica e, sobre todo, a calidade de vida urbana.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]