CAMBRE_ASOCIACIONS_web

Alternativa dos Veciños pon en valor o papel do asociacionismo en Cambre

O candidato á alcaldía Raúl Varela considera que o Concello ten que promocionar a participación da veciñanza na vida cultural e asociativa do municipio.

A cultura da nosa vila xorde de cada persoa que nela vivimos. Sobre esta base, teñen que nacer as iniciativas que xorden dende o Concello e que deben impulsar o desenvolvemento comunitario.

En Cambre temos espazos para que a veciñanza sexa estimulada a poida materializar as súas iniciativas. Desde Alternativa consideramos que ten que existir unha oferta de actividades e iniciativas culturais que partan dende o Concello, dando respostas ás necesidades socioculturais da poboación.

É necesario establecer asembleas a nivel parroquial que permitan coñecer as opinións e mecanismos de comunicación coa veciñanza. A creación dun voceiro municipal e outras ferramentas que outorguen protagonismo ás veciñas e veciños de Cambre.

Novas relacionadas