Alternativa pecha a campaña na Coruña reivindicándose como chave para garantir a gobernabilidade da cidade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa pecha a campaña na Coruña reivindicándose como chave para garantir a gobernabilidade da cidade

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños pechou a campaña electoral no Concello da Coruña co mitin que se celebrou esta tarde na praza Pablo Iglesias. Con Pedro Armas como candidato, Alternativa pretende conseguir representación na corporación da cidade para garantir a gobernabilidade e acabar co politiqueo que impide o progreso e un maior benestar dos cidadáns.

Pedro Armas explicou que Alternativa dos Veciños se presenta para a impedir a privatización dos terreos públicos do porto, para que a cidadanía teña novos espazos verdes e de ocio, así como equipamentos públicos. “Pretendemos aplicar na Coruña as políticas que tan bos resultados deron en Oleiros. Queremos unha Coruña amable, limpa, acolledora, agradable…”, dixo.

Tamén foi claro Armas en relación a posibles pactos. “Se despois do domingo se forma un goberno pola esquerda e o partido máis votado queren contar con nós, aí estaremos. Se non somos imprescindibles tamén temos claro que imos colaborar para que salgan adiante os proxectos de interese xeral para a cidade. Se gana o PP, está claro que non imos formar goberno con eles. Pero as propostas que formule o PP que sexan positivas para a cidade tamén imos apoialas”, dixo.

Un dos grandes retos de Alternativa dos Veciños é impulsar a Área Metropolitana, para acadar aquelas melloras a nivel de infraestruturas e servizos públicos que se atopan nunha situación precaria polo desgoberno e a desidia dos principais partidos políticos, como é o caso da ampliación de Alfonso Molina. “A cidade foi ingobernable estes 4 anos, non só por culpa da Marea, senón que o PSOE tamén fixo imposible que se gobernara. Déronlle a alcaldía a Xulio e despois impediron aprobar case todo. Agora que teñen o primo de zumo sol en Madrid veñen cun programa que nin recolle a ampliación da ponte da Pasaxe, ni de Alfonso Molina. Paréceme moi grave. Non pensan nos milleiros de cidadáns que entran e saen a diario da Coruña?”, dixo o presidente de Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]OS COMPROMISOS DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS NA CORUÑA[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!