peche_campanha_perillo_web

Alternativa dos Veciños pecha a campaña de Oleiros o venres en Perillo

Alternativa dos Veciños celebrará o acto de peche da campaña electoral de Oleiros nunha nova cea fría que terá lugar na localidade de Perillo. Será o venres día 24 de maio, ás 21:00 horas, na polideportiva situada na avenida da II República.

Alternativa dos Veciños preséntase no Concello de Oleiros co obxectivo de conseguir unha maioría absoluta que permita consolidar os elevados niveis de benestar e calidade de vida existentes grazas á xestión municipal de Alternativa dos Veciños durante os últimos 40 anos. Con Ángel García Seoane como candidato, Alternativa pretende crear novas infraestruturas públicas e servizos, ademais de conservar os xa existentes, para facerlle a vida máis agradable a todos os veciños e veciñas do municipio.

Como chegar ao noso acto de peche de campaña?

Novas relacionadas