[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños non permitirá a construción de vivendas nos terreos do porto da Coruña
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños ten claro que o Porto Exterior, de interese xeral, debe pagalo o Estado. Os peiraos interiores deben ser revertidos aos coruñeses e coruñesas e non deben ser obxecto de negocios especulativos.
“Nos terreos do Porto hai que modernizar infraestruturas para o mantemento da actividade portuaria, montar equipamentos de transporte (aparcamento disuasorio, terminal de ferrocarril), deseñar zonas verdes e instalar equipamentos deportivos e culturais, para o ocio de todos os veciños e visitantes da cidade”, comentou o candidato Pedro Armas.
Por exemplo, Alternativa propón situar alí o Museo do Coche, dando lugar a exposición permanente da colección de máis de 350 vehículos de época da Fundación Jorge Jove, cunha Biblioteca da Automoción e unha sala multiusos (aula, proxección de documentais e filmes sobre o automóbil, educación viaria), para promover tanto o turismo xeral como as visitas guiadas de escolares, ademais dunha sala de exposición para vehículos de última xeración, que se alugaría ás empresas privadas interesadas, revertendo os ingresos no mantemento do museo.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]OS COMPROMISOS DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS NA CORUÑA[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]