ar1

Alternativa dos Veciños loitará pola recuperación da radio municipal de Arteixo

Alternativa dos Veciños quere recuperar a radio municipal en Arteixo para darlle unha utilidade pública á emisora, que neste momentos non está en funcionamento. A radio aumentaría as posibilidades de facilitar o acceso da veciñanza á Administración Electrónica.

“Nun mundo cada vez máis deshumanizado, antisocial e preso da inmediatez e das novas rutinas de consumo, a poboación ten, paradoxalmente, máis posibilidades de sufrir desinformación. Por iso loitaremos por poñer en marcha medios de comunicación públicos para informar directamente á veciñanza, sen intermediarios”, dixo o candidato Antonio Patiño.

Novas relacionadas