SADA_MITIN_CENTRAL_19_WEB_transporte_publico_sada

Alternativa dos Veciños loitará pola mellora do transporte público en Sada

Alternativa dos Veciños Sada aposta no seu programa por unha dinamización do transporte público con novas rutas e máis frecuencias.

Dentro das propostas electorais do grupo Alternativa dos Veciños en Sada o fomento do transporte público no municipio é unha vital. A comunicación coa Xunta de Galicia e a creación da Área Metropolitana facilitarán a mellora dun servizo público imprescindible para o progreso e as conexións da Perla das Mariñas.

 

Sada conta cunhas oportunidades turísticas únicas no entorno das Mariñas e precisa dunha serie de infraestruturas viarias e comunicacións que garantan tanto o benestar da veciñanza como esas oportunidades para o turismo. A potenciación do transporte público pasa, ademais de pola concienciación, pola mellora nas rutas e horarios. Desde Alternativa apostamos por unha política de fomento deste servizo público.

Novas relacionadas