[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños loitará por facilitar a mobilidade urbana na Coruña
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños pretende desenvolver accións concretas, sinxelas, viables, realistas, económicas e sostibles para facilitar a mobilidade na cidade da Coruña. A instalación de electrolineiras, bicis eléctricas, coches eléctricos de aluguer… son algunhas das posibilidades que provocarían unha importante mellora tanto no transporte público coma no privado.
“A cidade foi deseñada para desprazamentos lineais (casa-traballo-casa) mais hai que ter en conta os desprazamentos poligonais (casa-colexio-mercado-ambulatorio-casa). Mellorando o transporte público mellórase a conciliación familiar e laboral. Favorecer unha mobilidade urbana sostible é unha maneira eco-feminista de facer cidade. Nun modelo de desenvolvemento sustentable, unha cidade eficiente ten que apostar pola mobilidade eléctrica para tender a alcanzar a meta de cero emisións”, dixo o candidato Pedro Armas.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]OS COMPROMISOS DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS NA CORUÑA[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]