vivie

Alternativa dos Veciños loitará pola creación de máis parques infantís en Arteixo

Alternativa dos Veciños pretende impulsar a creación de máis parque infantís no Concello de Arteixo. Ademais preténdese que os xa existentes sexan adaptados para que os nenos e nenas con problemas de mobilidade poidan gozar da instalacións

“Arteixo é un municipio cun futuro moi grande. Hai moitísimos nenos e nenas e o número de parques infantís existentes na actualidade é insuficiente. A calidade de vida que queremos para o noso concello tamén pasa por isto, por ter espazos públicos para o lecer e a convivencia”, dixo o candidato Antonio Patiño.

Novas relacionadas