Alternativa dos Veciños lanza as súas propostas sobre deportes para o futuro Bergondo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Con ocasión das xornada de deporte na rúa que terá lugar este sábado no albergue de Gandarío, Alternativa dos Veciños da a coñecer as súas principais propostas en materia deportiva para o Bergondo que virá da man dun próximo goberno presidido por Juan Fariña.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A práctica deportiva é unha actividade que contribúe ao desenvolvemento físico e intelectual dos nenos e mozos, mellora a calidade e esperanza de vida das persoas adultas, e cumpre tamén con unha importante función social: A xente nova que practica deporte ocupa o seu tempo de lecer con actividades saudables, ao tempo que se socializa no seu entorno. Neste eido Alternativa dos Veciños de Bergondo propón proxectos e medidas esenciais para o futuro Bergondo, o que comezará a xurdir con forza tras as eleccións de maio:

  • Conforme ao deseño do novo Plan Xeral de Urbanismo, ubicaremos no noso territorio un auténtico complexo deportivo municipal, coas dimensións axeitadas como para albergar diversas instalacións dedicadas á práctica do deporte . (O que se vai facer na Senra é un complemento moi interesante para o C.P.I Cruz do Sar, mais non pode ser considerado como unha verdadeira área deportiva de categoría para o futuro Bergondo).

Parte desa nova área deportiva municipal tería que dedicarse a construír un campo de fútbol de tamaño regulamentario.  Actualmente vivimos de prestado no que atinxe aos campos de fútbol, e pagando unha renda anual á Igrexa polo uso de dous campos (o do Convento e o de Cortiñán) que non acadan uns mínimos que nos homologuen con ningún dos concellos da contorna. Outros municipios, mesmo máis modestos que nós, conseguiron construír campos de fútbol, cofinanciados en moitos casos pola Deputación da Coruña, mentres en Bergondo nunca houbo esa ansia por ter algo máis do que temos.

  • Nese complexo deportivo poderíamos construír a piscina pública municipal. É un obxectivo ambicioso, pero realizable. Por que pecharse en banda (como fai a nosa actual alcaldesa) ante unha posibilidade tan interesante para a nosa cidadanía?
  • Potenciación dos deportes e actividades náuticas, así como outros deportes (atletismo, natación, ximnasia…). Neste sentido cabe sinalar que temos a día de hoxe unha importante débeda co “Club de Remo olímpico do Mandeo”. Club que leva con éxito o nome de Bergondo polo mundo adiante e que vive na máis absoluta precariedade no que respecta a instalacións. Ben sexa para este club ou para outros que poidan elixir Bergondo no futuro para desenvolver esas actividades, dende Alternativa dos Veciños propoñemos negociar/conveniar con Naturgy a cesión parcial, para dar saída ás demandas deste tipo de clubes, do edificio da subestación eléctrica do Pedrido. Estamos seguros de que se podería acadar un acordo que supuxese dispor de parte desas enormes (e en gran parte carentes de uso na actualidade) instalacións para o uso público de Bergondo.
  • Elaboración dun programa específico de promoción do deporte, e as Escolas Deportivas de Bergondo, en colaboración coas asociacións e clubs deportivos existentes.
  • Apertura dos ximnasios municipais ao público en xeral, e non no marco de actividades regradas, como sucede agora.
  • Mellorar os accesos ás instalación deportivas e lugares públicos, especialmente para as persoas con mobilidade reducida.
  • Habilitar sendeiros e rutas que percorran o municipio e puntos de interese de xeito ordenado e producindo o mínimo impacto ambiental (sendas verdes). Trátase de abrir pasos que permitan dende un simple paseo (a pé ou en bicicleta) ata a realización dunha pequeña “travesía” entre distintas zonas do municipio, accedendo ás praias, sitios de interese como pazos, parques e instalacións públicas. Non só se fomentaría así o exercicio físico senón tamén a socialización dos veciños e veciñas, o turismo, e o respecto polo entorno natural e rural. En Bergondo existen múltiples áreas susceptibles de dispor no futuro de novos roteiros. Algúns como a “Ruta do Rego Callou” ou “Outeiros do Mandeo” (ambas impulsadas por Alternativa dos Veciños) son só exemplos doutras moitas que se poderían habilitar no futuro.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!