García Seoane: “O xa ex alcalde de Cerceda debe deixar de dilatar a súa saída”
Este luns o voceiro provincial de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, reiterou a necesidade de que García Liñares dimita do seu cargo por unha cuestión de limpeza democratica.
Tras a condena do alcalde de Cerceda e xa ex deputado provincial José Luís García Liñares a un ano e medio de cárcere e 16 de inhabilitación por prevaricación e fraude á Administración Pública o seu mantemento á fronte do consistorio é unha falta de respeto cara as veciñas e veciños de Cerceda.
Na súa intervención dos luns no programa matinal de Radio Voz “Voces de A Coruña”, o voceiro de Alternativa lembrou as dificultades que están a padecer certas persoas para poder exercer o seu dereito ao sufraxio indirecto: “Hai moitas persoas que non se atreven a dar o paso á política en Cerceda por culpa dos comportamentos caciquís que neste municipio se estiveron levando a cabo durante anos. O xa ex alcalde de Cerceda tería que ter dimitido desde que se coñeceu a condena”.