CAMBRE_PELOTAZO_700_400

Alternativa dos Veciños insiste na irregularidade da recalificación urbanística no Graxal

Alternativa considera a proposta de denuncia de UxC unha cortina de fume e reitera a irregularidade que supón o plan urbanístico que se pretende acometer no Graxal.

Ante o anuncio do Goberno de Cambre dirixido por UxC de denunciar no Plano municipal a Alternativa dos Veciños, o noso grupo non pode máis que reafirmarse nunhas declaracións que son de interese para a veciñanza.

O acordo adoptado pola Corporación municipal o xoves 28 de marzo cos votos favorables de UxC, PSOE, BNG e Ciudadanos atenta contra a legalidade vixente que, segundo o disposto na Lei do solo 2/2016, do 10 de febreiro, non permite recalificar solo a través dunhas normas subsidiarias obsoletas.

O noso grupo informou coa verdade por diante á veciñanza dun acordo que atenta contra os intereses xerais. Que prexudica ao comercio local, á mobilidade e o medio ambiente. Seguiremos atentos e traballando por que se respecte a legalidade.

Este martes 14 de maio Alternativa dos Veciños Cambre presentará a súa candidatura ante a veciñanza ás 20:30 horas no Centro Sociocultural do Graxal.

Novas relacionadas