1

Renovación dos cargos de Alternativa dos Veciños

En reunión celebrada o día 20 de novembro de 2019, a comisión executiva de Alternativa dos Veciños acordou iniciar os trámites para a elección da presidencia e comisión executiva do partido, conforme ao procedemento establecido no artigo 7 dos seus Estatutos (que se poden consultar nesta páxina web).

De acordo co citado precepto, os militantes que desexen presentar unha candidatura deberán formalizala ante a Secretaría Xeral no prazo de 15 días hábiles dende a convocatoria da Asemblea Xeral na que haxan de renovarse os cargos.
A elección da presidencia e da comisión executiva realizarase na Asamblea extraordinaria que terá lugar o próximo día 16 de decembro de 2019, ás 20:30 horas, no auditorio de As Torres (Santa Cruz – Liáns).

Tras a súa disolución no día de onte, a dirección do partido seguirá recaendo na comisión executiva que continuará en funcións ata a renovación dos citados cargos.

Novas relacionadas