[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños impulsará o Plan Lubre
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Dentro das propostas de Alternativa dos Veciños para desenvolver no municipio de Bergondo durante a vindeira lexislatura destaca o denominado como Plan Lubre. Trátase dun conxunto de medidas dirixidas a corrixir o déficit de investimento público que arrastra esta parroquia desde hai moitos anos, por iso Alternativa pretende que o Concello realice unha certa discriminación positiva en Lubre.
Inicialmente é necesario acelerar, todo o que permitan os ritmos administrativos, a tramitación e aprobación do “Plan especial de infraestruturas do Río Maior”. Urxe licitar, contratar e executar o proxecto de instalación dun colector xeral de saneamento e a construción do paseo fluvial do Río Maior, duns 3 km. Estas obras teñen un custo total de 800.000 euros.
Tamén hai que executar, coa máxima axilidade, as acometidas das vivendas de Lubre aos colectores de saneamento xa en servizo. E, posteriormente, sería imprescindible realizar unha fortísima inversión en aglomerado de camiños en toda a parroquia, dada a grande extensión desta parroquia.
A día de hoxe esta parroquia carece do servizo de saneamento. Froito das políticas erradas de décadas pasadas optouse por construír unha rede secundaria sen ter habilitado o colector principal, imprescindible para evacuar os residuos.
Hai uns anos decidiuse proxectar o paseo fluvial do Río Maior, baixo o cal terá que discorrer o devandito colector principal, desde Lubre ata un bombeo de Cambade. A creación dese paseo fluvial implicou unha complexa tramitación a través dun instrumento de planificación coñecido como “Plan especial de Infraestruturas”. Actualmente atópase nunha fase moi avanzada, pero aínda falta tempo para poder falar de licitación de obras, debido fundamentalmente ás expropiacións.
Como consecuencia de todo o anterior, durante estes anos non se puideron levar a cabo asfaltados de camiños con aglomerado asfáltico. Non era sensato aglomerar e logo romper para facer conexións ás vivendas.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]