fem

Alternativa dos Veciños impulsa un manifesto feminista no pleno do Concello de Oleiros

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños levará ao pleno municipal de Oleiros, que se celebra mañá xoves ás 20 horas, un manifesto feminista con motivo do 8 de marzo. O documento, no que se demanda un mundo, equitativo, xusto e igualitario, será remitido a todos os grupos políticos municipais para que o apoien.

Desde o Goberno municipal de Alternativa dos Veciños seguiremos promovendo todas as iniciativas que contribúan á consecución dun marco máis igualitario a tódolos niveis entre mulleres e homes na sociedade, comprometéndonos a apoiar e difundir todas as mobilizacións que vaian ter lugar co motivo do Día Internacional da Muller, reivindicando a igualdade de oportunidades nas condicións e traballo na esfera social e no dereito a vivir sen violencias.

O colectivo GALEGAS 8-M ten convocada para o vindeiro domingo 1 de marzo unha manifestación en Verín, á que se Alternativa dos Veciños anima a participar a toda a cidadanía.

Novas relacionadas