bergondo1

Alternativa dos Veciños formará parte do Goberno de Bergondo

Alternativa dos Veciños votará a favor da investidura de Alejandra Pérez como alcaldesa no pleno de toma de posesión que se celebrará o vindeiro sábado. O acordo co PSOE é practicamente total, pendente só dos axustes lóxicos que implica o feito de pasar dun goberno de 7 compoñentes a outro de 8, do que formarán parte os concelleiros Juan Fariña e Eloy Babío.

“Desde Alternativa dos Veciños temos moi claro que o traballo iniciado hai dous anos e medio no Goberno municipal debe continuar. En Bergondo hai moito que facer e nos estaremos aí onde os veciños nos piden que esteamos para poder mellorar as cousas. Con humildade pero con persistencia, aí estaremos, traballando por e para Bergondo”, dixo Juan Fariña.

Novas relacionadas