Alternativa dos Veciños continuará fomentando intensamente a cultura no Concello de Oleiros
Alternativa dos Veciños pretende continuar no camiño de avivar e facilitar o acceso á cultura por parte de toda a cidadanía para seguir construíndo xuntos o Oleiros que queremos: un Oleiros activo, dinámico, culto e participativo. Grazas ás políticas culturais desenvolvidas por Alternativa , Oleiros conta coas maiores dotacións culturais de Galicia e que serven para unha variada e constante programación de actividades coa colaboración das entidades culturais e veciñais: Bibliotecas, Centros Sociais, Casas do Pobo, Auditorios, Salas de Exposicións, Museo de olería…
Alternativa dos Veciños pretende trasladar do museo Os Oleiros-José Mª Kaydeda ao castelo de Santa Cruz, un espazo máis amplo e adaptado a inxente colección de pezas de olería únicas que se poderán visitar. O potente Sistema de bibliotecas públicas municipais seguirá reforzándose e ampliándose atendendo ás demandas poboacionais: aumento de fondos bibliográficose filmográficos, ampliarase a aula de estudo da Biblioteca Rialeda (Perillo) e crearase unha nova aula de estudo na Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz.