SADA_MITIN_CENTRAL_18_WEB

Alternativa dos Veciños fomentará ferramentas de participación cidadá en Sada

Alternativa dos Veciños garante para Sada un modelo no cal as inquedanzas das veciñas e veciños formen parte da vida cotiá na xestión municipal.

Alternativa dos Veciños leva no seu ADN o asociacionismo. O funcionamento a través de asembleas locais leva anos funcionando no noso proxecto para achegar a vida política ao día a día da veciñanza. Entendemos a política coma unha ferramenta para acadar o progreso e benestar a través da participación da comunidade. En Sada levaremos a cabo un sistema de asembleas locais nas que se conte coas entidades sociais e a opinión directa da poboación en temas importantes para as parroquias.

As nosas portas estarán sempre abertas para escoitar e atender á defensa do interese xeral de Sada en todas as localidades do municipio.

Novas relacionadas