Alternativa dos veciños e a veciñanza de Sol y Mar logran que se volva a tratar no pleno a eliminación das liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar

Arteixo, 16 de setembro de 2021. Alternativa dos Veciños de Arteixo e a veciñanza de Sol y Mar logran que se volva a tratar no pleno a eliminación das liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar e o Polideportivo Municipal de Galán.

Alternativa dos Veciños leva dous anos traballando intensamente para conseguir que se eliminen as liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar e o Polideportivo Municipal de Galán.

Alternativa realizou numerosas solicitudes ao Goberno Municipal para que se trate este asunto no pleno e que se realicen as xestións necesarias, reunións coa Xefatura Territorial da Xunta de Galicia, recollida de firmas entre os veciños afectados e ata unha concentración cortando a estrada para esixir que se solucione este grave problema que afecta a máis de 500 familias.

O pasado mes de xuño, Alternativa conseguiu o compromiso da Xunta de Galicia, que mesmo está disposta a sufragar a obra directamente se non se pode facer con fondos europeos. Pero, todo esta pendente de que o concello faga as xestións necesarias e poña os terreos necesarios ao dispor da Xunta

“Alegrámonos de que por fin unha das formación con representación no pleno da corporación teña a ben levar este asunto tan importante ao pleno, xa que é imprescindible para que se volva a retomar a eliminación deste cableado” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Non serve de nada que se aprobe a eliminación das liñas no pleno se logo o Goberno Municipal non fai as xestións necesarias. Temos como exemplo o sucedido no ano 2013, que a pesar do convenio asinado polo Concello, a Xunta de Galicia e a Empresa, a día de hoxe segue sen cumprirse.  Desde Alternativa seguiremos traballando incansablemente e non pararemos ata ver a Sol y Mar libre de liñas de alta tensión” matiza Juanfran Martínez.

Comparte esta nova!