Arteixo, 16 de setembro de 2021. Alternativa dos Veciños de Arteixo e a veciñanza de Santaia de Chamín concentraranse o sábado ás 12 horas en Santaia de Arriba, para esixirlle ao Goberno Municipal que se solucionen os problemas existentes co Rego da Ranqueira, xa que a obra de construción dun muro de contención en Santaia de Arriba leva tres meses paralizada polos erros cometidos no proxecto elaborado polo Goberno Municipal.
Alternativa dos Veciños esixe ao Goberno Municipal que solucione dunha vez por todas os problemas existentes no Rego da Ranqueira, xa que a incapacidade do Goberno para resolver estes problema está a ocasionar graves problemas á veciñanza de Santaia de Chamín.
“A veciñanza de Santaia esixe que se entube o cauce do rego desde o punto onde se ocasionan as inundacións no inverno como consecuencia do aumento de caudal.
O que non quere a veciñanza é que se desenvolva unha obra que non soluciona todos os problemas existentes e que ademais pretende privatizar aos veciños do aproveitamento de auga procedente do Rego da Ranqueira. Un aproveitamento do que se levan servindo estas vivendas e utilizando para regadío desde fai máis dun século“ apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“O Goberno Municipal pretende ocultar a súa incapacidade de xestión culpabilizando aos veciños da paralización das obras, cando foi o goberno quen non especificou debidamente o cauce do rego no proxecto de construción do muro, que quedaría atravesado polo mesmo” matiza Juanfran Martínez.