O alcalde de Oleiros diríxese ao Goberno central para esixir o túnel de Sol y Mar e o dragado da ría

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O alcalde de Oleiros diríxese ao Goberno central para esixir o túnel de Sol y Mar e o dragado da ría

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, dirixirase ao ministro de Fomento, José Luis Ábalos, para que se proceda, sen máis dilacións, á adxudicación das obras do túnel soterrado de Sol y Mar. As ofertas por parte das empresas interesadas foron presentadas no mes de febreiro.

Non cabe aplicar neste caso desculpa algunha en relación co coronavirus, dado que esta obra estaba financiada nos orzamentos do Estado. Ademais, o país necesita que se mova a contratación de obra pública.

Respecto ao dragado da ría da Pasaxe, Ángel García Seoane tamén vai dirixirse á ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para que non se deixa pasar o prazo para a contratación das obras. Parte da financiación realizaríase con fondos europeos pero

Ante a convocatoria de eleccións, escoitarase unha vez máis a distintos partidos políticos mencionar estes proxectos, dos que só se acordan cando se achega o momento de pasar polas urnas. Ademais de falar, deberían esixirlle ao Goberno central que os fixera realidade.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!