Alternativa dos Veciños denuncia a construción dunha polideportiva en solo rústico e sen licenza en Anceis

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños denuncia a construción dunha polideportiva en solo rústico e sen licenza en Anceis

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños vai denunciar ante a Fiscalía a construción dunha polideportiva cuberta en Anceis sen licenza municipal, en solo rústico e sen planeamento aprobado. Así o explicaron esta mañá en roda de prensa o presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, e os dous concelleiros do partido en Cambre, Raúl Varela e Sandra Sánchez.

Son moitas as irregularidades cometidas polo Goberno de Cambre en relación a esta polideportiva. A adquisición do solo para esta obra realizouse mediante unha escandalosa permuta sobrevalorando un monte clasificado como solo rústico, pagando 36.614,16 euros máis do seu valor real e entregando dúas parcelas urbanas de 600 metros urbanizadas. A certificación final da obra non reflicte a realidade, pois o que ía ser unha polideportiva aberta de 340.000 euros é un polideportivo totalmente pechado e cuberto que debe acadar os 500.000 euros. Ademais existe falsidade de documento público, pois o Plan Especial non recolle as obras realizadas en xaneiro de 2017, chegando a presentar planos baleiros de obra e fotos nas que non aparece o polideportivo.

Coa aprobación dun plan especial no pleno municipal de onte, o que pretende o Goberno de Cambre é encubrir unha política de feitos consumados. O alcalde e o concelleiro de urbanismo implicaron a unha entidade veciñal para executar as obras cando tería que ser o propio Concello o que as levara adiante, a non ser que a financiación fora dubidosa… Tamén salpicaron a unha serie de funcionarios para que lles dera cobertura a tanta ilegalidade, que nin o alcalde nin o responsable de urbanismo ignoraban, pero que se saltaron por motivos electorais se saltaron todas as alarmas.

Ante a gravidade destes feitos, claramente constitutivos de delito, Alternativa dos Veciños dará traslado desta operación á Fiscalía. Así mesmo, esixe a dimisión do concelleiro de urbanismo pola súa conduta supostamente delitiva. Igualmente cuestionamos a ausencia do alcalde non pleno de onte, nun asunto de suma transcendencia para o Concello.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!