LIGAL

Alternativa dos Veciños denuncia o abandono das instalacións do LIGAL

Alternativa dos Veciños de Bergondo quere denunciar publicamente o estado ruinoso e de grande perigosidade que supón o abandono do edifico que no seu día albergou o LIGAL (Laboratorio Interprofesional Galego do Análise da Leite), en Bergondo. Esta instalación e os terreos limítrofes coa sede do Consorcio das Mariñas sufriron todo tipo de actos vandálicos ante a pasividade da Consellería de turno.

É chamativo que a Xunta de Galicia abra expedientes aos veciños por edificios en estado ruinoso e que manteña nesta situación tan degradante estas instalacións da súa propiedade. “Xa denunciamos esta situación ante tres consellerías en outubro de 2017. Sorprendentemente, un ano e medio despois a Xunta segue mostrándose despreocupada e impasible ante este problema. No moveron nin un dedo. Non entendemos esta enorme desidia”, comentou o candidato de Alternativa á alcaldía e primeiro tenente de alcalde Juan Fariña.

Novas relacionadas